Socias/os de Honor

Adella Brac

Samuel 

Merino 

Mos (Pontevedra) 1982
 é un creador que, na actualidade, desenvolve o seu labor arredor dunha poética na que se aprecia a pegada indeleble da súa formación en filosofía.
Cada texto seu semella unha ferida que cicatriza colectivamente no momento en que é levada pola súa voz ao encontro co público.
Sempre ten présa, é inseparable do seu can e é doado velos pasear xuntos polo Porriño. É posible que os trens que atravesan a vila polo paso a nivel que está ao carón da súa casa transporten o carácter autorreferencial da súa obra onde queira que vaian.
Ata o de agora ten publicados dous poemarios en castelán: Enésima patada con amor (2019) (Autoedición. Isbn: 978-84-09-16880-4)   Trementina (2021) (Editorial Talón de Aquiles)
e un en lingua galega: Guantanamera. Poema nun só acto (2021)( Editora Urutau).
O seu último traballo vén de ser publicado por Disbauxa Editorial (Barcelona) baixo o título de Con esta Hoz (2023)

Libros

‎Escenas de una vida entre líneas

Trementina

‎Escenas de una vida entre líneas

Con esta hoz

‎Escenas de una vida entre líneas

Guantanamera

‎Escenas de una vida entre líneas

Poema nun só acto

‎Escenas de una vida entre líneas

Enésima patada con amor